Pasar al contenido principal

Inauguración dos actos de celebración do 150 aniversario da Facultade de Farmacia

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidirá este venres 16, ás 12:30 horas na Aula Magna da Facultade de Farmacia, os actos conmemorativos do 150 Aniversario da creación deste centro compostelán.
A esta sesión inaugural asisten ademais o decano da Facultade de Farmacia, José Miñones; o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Ramón Leis; a subdirectora xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios, Cristina Rey; e o presidente da Confederación de Sociedades Científicas de España, Joan Guinovart. O programa do acto inclúe unha conferencia do catedrático da Universidade de Barcelona Joan Guinovart titulada “El Triunfo de la Farmacia”.
Previamente, ás 12:00 horas, inaugurarase a Galería de Decanos onde se homenaxeará a todos os responsables desta Facultade compostelá dende o seu nacemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2007.