Pasar al contenido principal

O Máster en Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais mantén aberta a matrícula para cursar algunhas das súas tres especialidades

Para aqueles técnicos superiores que xa posúen este título

O Máster en Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais manterá aberta a vindeira semana, entre os días 19 e 23, o prazo de matrícula para aqueles técnicos superiores en prevención que desexen cursar algunha das tres especialidades que este posgrao ofrece.
As persoas interesadas poderán matricularse nas especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial ou Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Os cursos conducentes á obtención dalgunha destas tres especialidades teñen unha carga lectiva de 100 horas, das que 30 o serán en modalidade presencial.
Ao remate desta programa formativo de especialización os alumnos realizarán visitas ás empresas colaboradores coa fin de coñecer a organización dos Servizos de Prevención e os riscos globais dos principais sectores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.02.2007.