Pasar al contenido principal

O Microsoft University Tour recalará na USC en marzo para presentar algunhas das súas tecnoloxías para o desenvolvemento de aplicacións

O Microsoft University Tour recalará na Universidade de Santiago o día 15 de marzo no transcurso dunha xornada que se vai celebrar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago. A sesión consistirá nunha xornada técnica de presentación dalgunhas das tecnoloxías que a multinacional posúe para o desenvolvemento de aplicacións.
O programa previsto para esta sesión comezará cun relatorio introdutorio a .NET, proxecto da compañía informática para crear unha nova plataforma de desenvolvemento de software con énfase na transparencia de redes, con independencia da plataforma utilizada, e que permita un rápido desenvolvemento de aplicacións. Deseguido, analizaranse aspectos relacionados con ASP.NET e AJAX WEB DEVELOPMENT. Ademais, os relatorios afondarán nos interfaces 2D e 3D en aplicacións (WPF) e expressions tools. A xornada completarase co desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles e de xogos con DirectX.
Microsoft desenvolve o seu University Tour dende mediados do pasado mes de outubro percorrendo preto de corenta universidades españolas. O prazo de inscrición para participar está aberto directamente a través do web de Microsoft España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.02.2007.