Pasar al contenido principal

A USC ofrece 1.549 bolsas Sócrates-Erasmus para o vindeiro curso académico

A Vicerreitoría de Relacións Institucionais da USC ofrece un total de 1.549 bolsas dentro do programa de mobilidade Sócrates-Erasmus coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade de realizar en diversas universidades europeas estudos conducentes á obtención dun título oficial que será recoñecido pola USC. Esta convocatoria, cuxo prazo de solicitude permanece aberto ata o vindeiro 10 de marzo, diríxese aos matriculados no primeiro, segundo, terceiro ciclo, tese ou proxecto.
As solicitudes para participar neste programa, dispoñibles na páxina web da Oficina de Relacións Exteriores, dirixiranse ao vicerreitor de Relacións Institucionais acompañadas dunha fotocopia do D.N.I. ou pasaporte, certificación da entidade bancaria ao nome do interesado e o formulario de candidatura con foto recente.
Axudas económicasAdemais da matrícula de balde nas universidades de destino, a Unión Europea outorgará axudas económicas destinadas a sufragar gastos de viaxe, a preparación lingüística ou o custo da vida no país de acollida. En función da data na que se reciban os fondos de Bruxelas, estas axudas se abonarán aos estudantes en dous prazos, o primeiro dentro do último trimestre do 2007 (80%), e o segundo no primeiro trimestre do ano 2008 (20%).
Como estas bolsas non cobren a totalidade dos gastos no estranxeiro, o Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia poderán conceder aos bolseiros axudas complementarias. A pesares disto, os interesados deberán aboar á Universidade de Santiago os prezos públicos establecidos para os estudos universitarios que realicen no curso académico 2007-2008.
Valoración dos candidatosOs criterios para a selección dos bolseiros céntranse na preparación académica do aspirante segundo o seu expediente actual e o coñecemento do idioma do país de destino a través dunhas probas que realizará o Centro de Linguas Modernas entre o 12 e 16 de marzo, tanto en Santiago coma en Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.02.2007.