Pasar al contenido principal

Presentado o libro 'Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións', editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC

A obra pretende facilitar un mellor coñecemento da natureza dos xéneros cinematográficos dende diversas consideracións

O libro Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións pretende abordar dende un posicionamento práctico a natureza do concepto de xénero no cinema “termo polivalente e sometido a unha continua inestabilidade, susceptible de múltiples estratexias de achegamento e análise, así como de variadas opcións postos a enfrontar a súa categorización”.
Esta publicación, editada baixo a coordinación dos profesores Xosé Nogueira e Anna Amorós polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, acaba de ver a luz co apoio da Vicerreitoría de Cultura e a colaboración da Asociación Galega de Guionistas (AGAG). O libro presentouse nun acto ao que asistiron o vicerreitor de Cultura, Elías J. Torres; o director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre Galiana; o presidente da Asociación Galega de Guionistas, Xosé Henrique Rivadulla Corcón; o subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel Conde Mouzo, e o co-editor Xosé Nogueira.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.02.2007.