Pasar al contenido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC realiza unha ruta de sendeirismo polos Muíños de Folón

Un grupo de membros da Asociación de Antigos Alumnos da USC realizará este sábado 21 unha ruta de sendeirismo polos Muiños do Folón, que rematará en Sta. Mª de Oia. Para esta actividade, que partirá ás 9:00 horas da Praza de Galicia, a asociación conta coa colaboración do Clube Deportivo Fontiñas.
O grupo de muíños Picón e Folón atópanse no municipio pontevedrés de O Rosal, sendo os máis interesantes e emblemáticos dos máis de cen que abondan pola zona. Cun atractivo especial tanto polo entorno como pola súa disposición - 22 deles en forma de fervenza-, este conxunto de muíños foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de lugar de interese etnográfico pola Consellaría de Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galiza en 1998.
Ao chegar a Sta. Mª de Oia, o grupo poderá visitar o Mosteiro Cisterciense da localidade que data do ano 1132. En 1230 converteuse en construción artística de referencia da arquitectura da Orde do Císter pola súa sinxeleza ornamental.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2007.