Pasar al contenido principal

Máis de 2.000 estudantes da USC puxeron en práctica na última década eficaces métodos de atención temperá en nenos con trastornos no desenvolvemento

Facilitan a integración de menores autistas ou con algunha carencia afectiva

Nos últimos dez anos, algo máis de 2.000 estudantes da Universidade de Santiago recibiron a formación necesaria para pór en práctica as máis novidosas técnicas de intervención temperá en menores que presentan algún tipo de trastorno no seu desenvolvemento ou ben teñen o risco de padecelo. Trátase de facilitar a integración de nenos con necesidades especiais, que presentan dende trastornos do espectro autista ata menores que proveñen de fogares desatendidos.
Baixo a supervisión de profesionais da Facultade de Psicoloxía, os estudantes reciben as instrucións necesarias para saber valorar os efectos que poden ter nos cativos dende o uso de drogas por parte da nai, a intervención cesárea, a malnutrición, o parto prematuro así como outro tipo de variables pre e perinatais.
Empregan para iso algúns dos métodos máis punteiros e eficaces na Atención Temperá como a escala de Avaliación Neonatal de Brazelton, a escala Home para avaliar o ambiente familiar e a estimulación que reciben os nenos no medio no que viven ou a escala Leonart centrada nas necesidades específicas para nenos con deficiencias visuais.
Menores con carencias afectivasNa última década nenos, pais, terapeutas e alumnos traballan nas instalacións habilitadas na Facultade de Psicoloxía tratando casos relacionados, sobre todo, con menores que presentan trastornos do espectro autista, con disfuncións cerebrais, ou mesmo que presentan algún tipo de carencia afectiva, todos eles con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos.
Este programa de prácticas xurdiu grazas á colaboración conxunta entre a Universidade e a Asociación Galega para a Docencia e Investigación do Retraso Mental (A.Ga.D.I.R) que, conscientes da importancia que ten a Atención Temperá en menores con trastornos no desenvolvemento –que afectan xa a máis de un 7% de la poboación infantil-, decidiron colaborar para a docencia práctica nesta materia.
Seguimento personalizadoEn virtude deste acordo, os alumnos puideron levar á práctica os coñecementos adquiridos nas materias de Intervención Psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolvemento e Atención Temperá, Avaliación do Desenvolvemento e da Aprendizaxe e Intervención do Desenvolvemento Psicolóxico, do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.
Para o funcionamento deste programa formativo, A.Ga.D.I.R. facilita a utilización de recursos e se encarga da revisión e seguimento personalizado dos programas individuais a cargo dos estudantes inmersos no programa. Estes alumnos se comprometen a non divulgar a información de clase, que é totalmente confidencial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2007.