Pasar al contenido principal

Literatura e cine nunha xornada de cultura cubana na Universidade de Santiago

Coa participación do guionista de 'Fresa y chocolate' e da reitora do Instituto Superior de Arte da Universidade das Artes de La Habana

A Vicerreitoría de Cultura e a Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC organizan este xoves, día 26, unha xornada de cultura cubana con diversas actividades nas que participarán o guionista de ‘Fresa y chocolate’ e a reitora do Instituto Superior de Arte da Universidade das Artes de La Habana.
A sesión dará comezo ás 12:00 horas na Sala de Graos da Facultade de Filoloxía coa conferencia ‘Linguaxe e poesía en Nicolás Guillén’ a cargo da catedrática de Lingüística e de Lingua Española na Facultade de Artes e Letras da Universidade de la Habana e reitora do Instituto Superior de Arte da Universidade das Artes, Ana María González Mafud.
Xa pola tarde, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, proxectarase a película ‘Fresa y chocolate’, de Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío. Deseguido terá lugar un coloquio con Senel Paz, guionista do filme proxectado, que aproveitará para presentar a súa nova novela En el cielo con diamantes, situada nos inicios do filme.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2007.