O Centro de Linguas Modernas da USC oferta dous cursos intensivos de portugués
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago, que dirixe Ignacio Palacios, está a ofertar dous cursos intensivos de lingua portuguesa de corenta horas de duración e dirixidos a toda a comunidade universitaria e a outras persoas interesadas.
O período de matrícula permanecerá aberto ata o día 15 de febreiro, podendo formalizarse a través de Internet na páxina http://matricula.usc.es/clm ou de maneira excepcional no propio negociado do Centro de Linguas Modernas. Máis información, no correo electrónico cen081 [at] si.usc.es (cen081[at]si[dot]usc[dot]es) ou nos teléfonos 981 547 062 / 981 563 100 Ext. 11757.