Pasar al contenido principal

Un maxistrado do Tribunal Supremo intervén cun relatorio no posgrao en Seguridade Social

O maxistrado da Sala do Social do Tribunal Supremo, José María Botana López, ofrecerá, este venres, día 2 de febreiro un relatorio sobre as prestacións indebidambete percibidas á Seguridade Social. A conferencia titulada ’Responsabilidades derivadas de la falla de afiliación, alta ou cotización á Seguridade Social. Reintegro das prestacións indebidamente percibidas’ terá lugar ás 18:30 horas, no Salón de Actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais e a entrada será libre.
Esta conferencia organízase como actividade complementaria ao programa do curso de posgrao ‘Especialista en Seguridade Social’ que se imparte no centro lugués. Para rematar este ciclo de relatorios, Relacións Laborais recibirá o vindeiro 13 de abril a visita do tamén maxistrado da Sala do Social do Tribunal Supremo e catedrático de Dereito do Traballo, Aurelio Desdentado Bonete, que falará sobre o futuro da Seguridade Social en España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.02.2007.