Pasar al contenido principal

Inauguración no Campus de Lugo da exposición fotográfica 'Onde as rúas non teñen nome'

A Vicerreitoría de Cultura da USC organiza a exposición ‘Onde as rúas non teñen nome. Unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo de Gumuz (Etiopía Occidental)’, que se inaugura este xoves, día 8, ás 19:00 horas na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria, onde permanecerá ata o vindeiro 25 de febreiro.
Ao acto de presentación asistirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elías J. Torres Feijó, o de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e a decana da Facultade de Veterinaria, Ana María Bravo del Moral. Estarán tamén presentes un dos fotógrafos da mostra Xurxo Ayán Vila, e a organizadora da exposición Sonia García Rodríguez. O grupo de teatro da USC en Lugo ‘Mosaico’ intervirá cunha perfomance baseada no texto Gran Tirano de Claudio Rodríguez Fer.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2007.