Pasar al contenido principal

O web do Observatorio Atrium Linguarum, grupo de investigación do ICE, acada o 'Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e aprendizaxe das linguas 2006'

O portal web do Observatorio Atrium Linguarum (OAL), grupo de investigación integrado no Instituto de Ciencias da Educación da USC, acadou o premio ‘Selo Europeo para as iniciativas innovadoras na ensinanza e aprendizaxe das linguas 2006’, galardón promovido pola Comisión Europea e desenvolvido de xeito particular por cada un dos Estados membros. Trátase da primeira vez que unha universidade española obtén o primeiro premio deste galardón. O trofeo deste premio entregarase en datas próximas en Madrid pola ministra de Educación e Ciencia e polo director da representación en España da Comisión Europea.
O Observatorio Atrium Linguarum é un grupo de investigación, desenvolvemento e innovación xurdido ao amparo do Instituto de Ciencias da Educación que presta servizos de apoio á ampla comunidade de persoas e institucións interesadas polas linguas e as súas culturas, dende unha dimensión europea, nas súas variadas manifestacións e problemáticas de tipo educativo e de natureza laboral.
O WebO sitio OAL, segundo explica o seu director o profesor José Manuel Vez, parte da idea das comunidades virtuais pero avanza cara o seu aspecto máis innovador e motivador entre os axentes educativos, “a comunidade virtual de aprendizaxe”. Segundo o seu director, o web OAL “configura como rasgo innovador a combinación do potencial loxístico das súas ferramentas dixitais co soporte científico derivado do capital investigador dos seus membros”.
O Observatorio ten como obxectivos reducir a fractura sociocultural que marca diferenzas entre as persoas con boas, escasas ou nulas competencias idiomáticas e atender á transferencia dos resultados das investigacións realizadas neste eido ao mundo dos profesionais da educación lingüística baixo criterios de atención á diversidade e pluralidade lingüística e á interculturalidade.
OAL resposta a unha metodoloxía de espazos de coñecemento compartido mediante un formato de portafolios, un para aspectos biográficos e outro sobre proxectos. No primeiro dáse conta do campo de reflexión deste grupo de investigación, filosofía do proxecto común ou obxectivos. Polo que respecta ao portafolios de proxectos, este ofrece soporte investigador de todo o que se volca no web en calquera das súas manifestacións, incluíndo ademais as investigacións nas que, en concorrencia competitiva, participou o grupo OAL.
Este conxunto complétase con tres ferramentas dixitais que permiten a calquera usuario participar nunha comunidade de aprendizaxe, obter información sobre temas de diversidade lingüística, cultural e cuestións didácticas, así como colaborar na construción do coñecemento profesional docente no ámbito da pluralidade idiomática.
O premioA Comisión Europea no seu Libro Branco da Educación e Formación reflicte o interese por incentivar o coñecemento de linguas como vehículo necesario para unha auténtica integración europea. Como consecuencia e por acordo dos ministros de Educación dos países da Unión Europea, decidiuse crear un galardón en cada un dos Estados membros co que se distinguira e premiara as iniciativas e mellores prácticas locais ou nacionais no eido do ensino-aprendizaxe das linguas, susceptibles de difundirse a escala europea. Deste xeito naceu o ‘Selo Europeo’ que se convoca anualmente en España dende 1998.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2007.