Pasar al contenido principal

Charla en Medicina do investigador Xulio Maside

O investigador Xulio Maside, do Grupo de Medicina Xenómica do Instituto de Medicina Lega da USC, pronunciará este xoves, día 8, unha charla na Facultade de Medicina titulada 'Estima directa da taxa de mutación xenómica en Drosophila melanogaster’.
A intervención de Xulio Maside, que terá lugar a partir das 9:30 horas na Aula 3 do centro, forma parte dunhas charlas de xenética médica que organiza o grupo ao que pertence o relator.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2007.