Pasar al contenido principal

Decanos e directores dos centros da USC en Lugo reuníronse para organizar as visitas do programa A Ponte ao Campus

Decanos e directores dos centros da USC en Lugo reuníronse para organizar as visitas do programa A Ponte ao Campus
Decanos e directores dos centros da USC en Lugo reuníronse para organizar as visitas do programa A Ponte ao Campus

Os decanos e directores de facultades e escolas universitarias da USC en Lugo reuníronse este venres, día 9, co coordinador do Programa A Ponte, Luis Hervella Torrón, e co vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero Latorre, para organizar as vindeiras visitas de alumnos de institutos ao campus lugués.
Esta reunión tivo por obxecto comunicarlles aos representantes dos centros universitarios os itinerarios e outras características que terán as rutas que seguirán os alumnos de secundaria que visitarán o campus este ano. Acompañados por un voluntario, acudirán aos centros organizados por grupos segúndo o seu interese en estudiar titulacións de Ciencias da Saúde, Enxeñaría Técnica Industrial, carreiras de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Ciencias da Educación e Humanidades. Este ano por primeira vez, e completando a estadía no campus, os institutos que así o soliciten poderán realizar pola tarde unha visita guiada para coñecer a cidade de Lugo, na que se inclúen os restos romanos e o Museo Provincial.
Posteriormente o coordinador do Programa A Ponte, Luis Hervella Torrón reuniuse cos profesores universitarios que colaboran impartindo as charlas informativas por toda a provincia, para que coñezan o novo material multimedia de presentación da USC e no que se inclúe a información sobre as titulacións impartidas e o funcionamento xeral da universidade.
O programa ‘A Ponte, entre o Ensino Medio e a USC’ pretende acercar a universidade e a súa estrutura e servizos aos estudantes de ensino medio e a sociedade en xeral, transmitíndolles información e respondendo a dúbidas que van desde a propia matrícula ou número de prazas por titulacións ata as bolsas ou saídas laborais das diferentes carreiras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.02.2007.