Pasar al contenido principal

Remata o curso de interpretación teatral impartido por Quico Cadaval en Lugo

O curso de teatro ‘Situación dramática e estilos interpretativos: teatro para dous ou múltiplo de dous’ impartido por Quico Cadaval e organizado pola Vicerreitoría de Cultura da USC no Campus de Lugo, remata este sábado, día 26 en Lugo.
Os dezaseis alumnos matriculados participarán así nunha sesión final intensiva do curso no que abordaron escenas interpretadas por dous protagonistas e o seu carácter, o amor, o desamor, a sospeita ou a conspiración. Traballaron principalmente coas obras ‘Noite de Reis’ de Shakespeare e ‘O Solitario oeste’ de Martin McDonagh, ademais doutras pezas de Beckett e Álvaro Cunqueiro. Neste último caso os actores lucenses ensaiaron coa adaptación de ‘O ano da cometa’ que o propio Quico Cadaval levou a escena hai tres anos co Centro Dramático Galego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2007.