Pasar al contenido principal

O director xeral de Universidades, Javier Vidal, reuniuse no CEA con directores de centros e de departamentos para debater sobre a construción do EEES

De esquerda a dereita, Lourenzo Fernández, Carlos Herrero, Javier Vidal, Senén Barro, Máximo Pló, Mª Dolores Álvarez Pérez e Mª Dolores Dominguez Santos
De esquerda a dereita, Lourenzo Fernández, Carlos Herrero, Javier Vidal, Senén Barro, Máximo Pló, Mª Dolores Álvarez Pérez e Mª Dolores Dominguez Santos

O director xeral de Universidades, Javier Vidal García, mantivo este luns 28 un encontro no Centro de Estudos Avanzados con directores de centros e de departamentos da USC para debater sobre a construción do Espazo Europeo de Educación Superior.
Á xuntanza asistiu ademais o reitor da USC, Senén Barro, que estivo acompañado polos vicerreitores de Profesorado e Organización Académica, María Dolores Dominguez Santos; de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; de Oferta Docente e EEES, Máximo Pló; de Calidade, María Dolores Álvarez Pérez; de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán; de Infraestruturas, Xoán Carlos Carreira; de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; e polas vicerreitoras adxuntas de Oferta e Xestión Académicas, Begoña Barreiro, e de Infraestruturas e Servizos, Celia Besteiro.
No transcurso do encontro discutiuse sobre o estado actual dos documentos ‘A organización das ensinanzas universitarias en España’ de 26 de setembro de 2006 e ‘Directrices para a elaboración de títulos universitarios de grao e másters’ completado co de ‘Materias básicas por ramas’. Neste senso, Javier Vidal adiantou que pronto se producirán avances normativos significativos o que permitirá avanzar no proceso de elaboración dos graos que substitúan aos actuais títulos de primeiro e segundo ciclo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.05.2007.