Pasar al contenido principal

O profesor do Centro Nacional de Biotecnoloxía José Mª Valpuesta pronuncia unha conferencia en Química sobre nanomáquinas plegadoras de proteínas

O profesor do Centro Nacional de Biotecnoloxía da Universidade Autónoma de Madrid José Mª Valpuesta participa este xoves 12 no ciclo de seminarios e conferencias que o Departamento de Química Orgánica da USC organiza ao longo do presente curso.
O profesor Valpuesta pronunciará a conferencia titulada ‘As chaperonas moleculares: nanomáquinas plegadoras de proteínas’ nunha sesión que comezará ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química da USC. Esta conferencia conta co financiamento da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2007.