Pasar al contenido principal

A USC organiza unhas xornadas de orientación académica e profesional no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

O Programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade’ organiza para os vindeiros días 16 e 23 de abril unhas xornadas de orientación académica e profesional no Instituto de Ensinanza Secundaria Xograr Afonso Gómez de Sarria.
Ao acto inaugural, que se celebrará o luns 16 ás 15:30 horas, acudirá o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo acompañado polo director do centro José Antonio García Martínez. A continuación o profesor da Facultade de Administración e Dirección de Empresas Emilio Ruzo falará sobre o Espazo Europeo de Educación Superior, e a técnico de orientación laboral do Campus de Lugo Gloria Cruz Amil disertará sobre a inserción laboral dos titulados da USC. Para rematar a sesión do día o director xerente da Fundación CEL Pablo Rancaño Otero analizará as posibilidades de autoemprego dos universitarios.
O venres 23, nunha xornada na que se reflexionará sobre condutas antisociais, ás 15:30 horas o médico especialista en alcoholismo e Magíster en drogodependencias e condutas aditivas, Manuel Varela Veiga, tratará esta problemática cos estudantes no Salón de Actos do centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2007.