Pasar al contenido principal

'Entre o visíble e o invisible', exposición fotográfica científica na Facultade de Bioloxía

O vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres, visitou a exposición de fotografía científica sobre a vida no planeta ‘Entre o visible e o invisible’
O vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres, visitou a exposición de fotografía científica sobre a vida no planeta ‘Entre o visible e o invisible’

A Biblioteca Concepción Arenal (Campus Sur) acolle ata o 6 de maio a exposición de fotografía científica sobre a vida no planeta ‘Entre o visible e o invisible’, organizada polo Vicerreitoría de Cultura e a Facultade de Bioloxía. A mostra recolle fotografías realizadas polo persoal docente e investigador do centro organizador.
Os descubrimentos logrados coa tecnoloxía actual dan conciencia da importancia dese outro mundo que subxace ao que normalmente se coñece, o do infinitamente pequeno. Coa axuda de cámaras, estereo-microscopios ou microscopios pódense captar estruturas e organismos que doutra forma non se poderían observar. A ciencia e a tecnoloxía unidas ofrecen deste xeito imaxes inigualables, dunha beleza extrema, que representan o mundo do pequeno e do microscópico e que os investigadores no campo da bioloxía souberon captar nas súas investigacións.
Inaccesibles para a maioría da sociedade e para gran parte do alumnado que estuda na Universidade, as fotografías da exposición representan un conxunto gráfico de coñecementos que abarcan todas as disciplinas que se relacionan dentro do inmenso mundo da bioloxía. Desde imaxes do mundo que nos rodea ás veces con detalles que se escapan ao ollo humano ata fotografías realizadas baixo microscopio que revelan formas vivas, organismos ou estruturas que son tan inaccesibles á observación directa como poden ser as estrelas. Por último, reflíctese un mundo aínda máis complexo e amplo como é o celular, subcelular ou molecular. Todas as imaxes tomáronse coa axuda de técnicas de coloración de contraste, de imaxes fluorescentes, de hibridación in situ, de secuenciación de ADN, de releves celulares obtidos por criofratura, entre outras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.04.2007.