A XIII promoción de Xornalismo celebra este sábado 19 o seu acto de licenciatura
A XIII promoción de Xornalismo da Universidade de Santiago celebra este sábado 19 o seu acto de licenciatura na Facultade de Ciencias da Comunicación. Presidido polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, o evento dará comezo ás 18:00 horas coa presentación dos estudantes Carlos Prado e Adela Bértolo que realizarán unha semblanza do curso e seguirá co discurso do alumno Xurxo Sánchez. A continuación, intervirán as madriñas da promoción, a profesora da USC Ana Isabel Rodríguez e as presentadoras da TVG, Patricia Vilar e Ana Pérez.
Pola súa banda, o acto de licenciatura da primeira promoción en iniciar Comunicación Audiovisual tivo lugar a pasada semana no mesmo centro. Presidido polo vicerreitor de Cultura, Elias J. Torres, os estudantes levaron como padriños ao profesor da USC José Pereira e ao actor Luís Tosar.