Pasar al contenido principal

A Mesa Galega de Educación no Rural presenta unha publicación en Lugo

A Mesa Galega de Educación no Rural presentará este mércores, día 9, ás 18:30 horas no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo, a publicación A Educación no Rural en Galicia.No acto intervirán os mestres Baldomero Iglesias, Jose Luis Rivas e Alicia López Pardo; Celia Armesto, do programa ‘Preescolar na Casa’; e o profesor da Escola de Formación do Profesorado e membro da Nova Escola Galega, Francisco X. Candia, que actuará como moderador.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2007.