Pasar al contenido principal

A profesora María Dolores Álvarez Pérez tomará posesión do seu cargo como vicerreitor de Calidade e Planificación

No mesmo acto protocolario tamén tomarán posesión os vicerreitores adxuntos de Oferta e Xestión Académica e de Investigación e Proxección Exterior

A profesora María Dolores Álvarez Pérez tomará posesión este xoves, día 10, do seu cargo como vicerreitora de Calidade e Planificación nun acto protocolario presidido polo reitor da USC, Senén Barro, que se vai celebrar a partir das 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. A profesora Álvarez Pérez substitúe no cargo a Mª Paz García Rubio.
No mesmo acto tamén tomarán posesión a vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académica, María Begoña Barreiro Fernández, e o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino García.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2007.