Pasar al contenido principal

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle a presentación do libro de relatos 'A vinganza da Mantis'

A estudante de segundo de Xornalismo na USC, Paloma Calvo Varela, presentará este luns, día 21, ás 18:30 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación o seu primeiro libro de relatos titulado A vinganza da Mantis, editado por Espiral Maior. No acto participarán, xunto coa autora, o poeta e editor, Miguel Anxo Fernán Vello; o catedrático da USC e crítico literario, Anxo Tarrío; e o xefe do Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago, Lois Celeiro.
A obra recolle once relatos, algúns deles premiados con anterioridade, nos que se reflicte a vida da mocidade actual con problemas como a droga, o paro, a familia, o amor ou os abismos existenciais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.05.2007.