Pasar al contenido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC inaugura no Campus Sur o 'Recanto da Saudade'

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC inaugura este martes, día 22, no Campus Sur o ‘Recanto da Saudade’. O acto, organizado en colaboración co Concello e a Universidade de Santiago, terá lugar ás 11:30 horas fronte ao Sanatorio Nosa Sra. da Esperanza.
Á inauguración acudirán, ademais de destacadas personalidades da comunidade galega, o reitor da USC, Senén Barro; o alcalde do Concello de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Perfecto Yebra Martul-Ortega.
A idea orixinal deste lugar especial de recordo naceu do maxín do finado Sixto Seco, que o concibía como un espazo onde os antigos estudantes puideran reencontrarse e celebrar xuntos os aniversarios da súa graduación. Deste xeito, durante o acto falará un portavoz da familia do Dr. Sixto Seco.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.05.2007.