Pasar al contenido principal

Presentación do programa 'Erasmus Mundus, External Cooperation Window' polo que alumnos Kirguizistán, Uzbekistán e Tayikistán estudan na USC este curso

Un total de doce alumnos asiáticos procedentes de Kirguizistán, Uzbekistán e Tayikistán estudan durante o presente curso académico na Universidade de Santiago a través da convocatoria do programa ‘Erasmus Mundus, External Cooperation Window’ que pon en marcha por vez primeira a Comisión Europea.
As principais características deste programa concedido á USC presentaranse en rolda de prensa este martes, día 30, nun acto no que estarán presentes o coordinador de Relacións Exteriores, Manuel Fernández Grela, e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto. A presentación, na que tamén estarán presentes os alumnos beneficiarios do programa, desenvolverase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
A iniciativa, que ten como obxectivo principal facilitar a mobilidade entre todos os membros da comunidade universitaria da Unión Europea e Asia Central, facilita a matrícula na universidade, un seguro médico adicional, entre 1000 e 1800 euros ao mes segundo o nivel académico do alumno e unha dotación económica a maiores para sufragar os custes da viaxe.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2007.