As xornadas sobre investigación de Veterinaria analizan as doenzas e solucións do gando vacún, ovino e porcino
As xornadas ‘A Investigación, dos Laboratorios ás Aulas’ organizadas pola Asociación para a Promoción da Investigación en niveis Predoctorais (APIP) estanse a celebrara na Facultade de veterinaria de Lugo.
Á inauguración, hoxe luns ás 16:00 horas, asisten o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino; a decana da Facultade de Veterinaria, Ana María Bravol; o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario Galego, Rogelio Conde-Pumpido; o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego, Julio Abalde; e o responsable Académico Universitario das xornadas; Buenaventura Cabezas. A continuación o investigador do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Xesús Feas Sánchez, fala sobre a carreira investigadora.
O programa deste martes 9 analizará as doenzas do gando vacún, porcino, e ovino e os problemas en outros animais como as aves ou os cabalos.Así comeza ás 16:00 horas coas intervencións do catedrático de Patoloxía Animal, Pablo Díez Baños, quen analizará os problemas gastrointestinales do gando ovino e a diagnose de trematodose que afecta ao gando vacún de rubia galega. A continuación a profesora do mesmo departamento, Marisol Arias Vázquez, falará sobre as principais parasitosis do cabalo galego. Os relatorios proseguirán analizando temas como os procesos respiratorios crónicos nos ovinos en Galicia ou a hipodermosis bovina.
A partir das 18:40 horas varios expertos investigadores do Laboratorio de Referencia E. Coli, realizarán unha análise sobre Escherichia Coli e rematará esta segunda xornada con dous relatorios sobre certificación sanitaria en explotacións de gando vacún leiteiro e programas sanitarios en explotacións bovinas.