Pasar al contenido principal

A Fonoteca Universitaria dedica este mes o seu ciclo 'Música en imaxes' á música orquestral no século XX

Coa música orquestral no século XX a Fonoteca Universitaria comezou de novo este curso o seu ciclo de proxeccións ‘Música en imaxes’, que este xoves, día 11, desenvolve a súa segunda sesión.
Así, ás 18:00 horas deste xoves nas instalacións da Fonoteca na Facultade de Ciencias da Comunicación, proxectarase a cinta ‘Orchestral Music in The 20th Century: Rhythm’, un percorrido pola evolución musical do século pasado, onde a música liberouse do dominio da melodía e explorou a riqueza do pulso musical. Con música de Stravinsky, Ligeti, Boulez e Mahler.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2007.