Rematan as xornadas de investigación da Facultade de Veterinaria
As xornadas ‘A investigación, dos laboratorios ás aulas’, que se celebran na Facultade de Veterinaria de Lugo co obxectivo de achegar a investigación a niveis predoctorais, rematan este xoves. Durante a derradeira sesión os relatorios dedicaranse á patoloxía e reprodución animal e a aspectos máis concretos como a formación da cornamenta do corzo ou o manexo de especies silvestres como o zorro.
A xornada comeza ás 16:00 horas coa intervención da profesora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Mª Ágeles Romero Rodríguez, que ofrecerá unha análise sensorial e fisicoquímico dos alimentos. A continuación o profesor do Departamento de Patoloxía Animal Luis Ángel Quintela abrodará a reprodución e ecografía en coellos, e Lucas Rigueiro, do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias, presentará o seu estudo do metabolismo óseo e formación da corna do corzo. De seguido terá lugar a intervención do docente Javier García López, sobre clínica e manexo de especies silvestre como o zorro.
A partir das 18:30 horas as profesoras do Departamento de Patoloxía Animal Cristina Castillo Rodríguez e María Marta López Alonso ofrecerán os seus estudos ‘Metabolismo en rumiantes: estrés oxidativo’ e ‘O gando vacún como marcador de contaminación ambiental’, respectivamente.
Como clausura ás xornadas, o investigador do Departamento de Qímica Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Xesús Feas Sanchez, falará da carreira investigadora