Pasar al contenido principal

Unha delegación da Universidade UNIVATES de Brasil visita o Campus de Lugo

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero recibíu á delegación da Universidade UNIVATES
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero recibíu á delegación da Universidade UNIVATES

Unha delegación da Universidade do Valle de Taquari de Educación e Desenvolvemento Social de Brasil (UNIVATES) visitou este xoves, día 18, o Campus de Lugo. O reitor desta universidade, Ney José Lazzary, que foi recibido polo vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero Latorre, mostrou a súa intención de establecer contactos para a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas universidades. A delegación, da que formaban parte ademais do reitor, profesores e investigadores especializados na área de lácteos visitaron varios centros do campus e as instalacións da Aula de Produtos Lácteos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.10.2007.