A Fundación Galicia Europa procura mozos na Universidade para debater sobre o futuro de Europa
A Fundación Galicia Europa está a pór en marcha o proxecto YANG no que mozos expertos en cuestións europeas de toda a UE debaterán sobre os fundamentos europeos. Para iso, procuran persoas entre os 18 e 35 anos interesados en cidadanía europea que participen nunha simulación dun Parlamento. O prazo de solicitude remata o día 26 de outubro.
O debate seguirá o modelo do Parlamento Europeo nunha simulación de Convención da UE dividida en seis comités: Relacións Exteriores e Desenvolvemento; Asuntos Económicos e Emprego; Asuntos Sociais e Dereitos Humanos; Medio Ambiente; Cultura, Educación e Mocidade e Igualdade de Oportunidades.
Cada comité terá un presidente e un secretario a cargo do informe inicial (baseado nas conclusións do cumio da mocidade) e de moderar a discusión. O informe considerará o fondo dos temas máis importantes para cada comité, a partir do punto de vista da mocidade. A discusión incluirá todas as traxectorias dos membros dos comités: carreira académica, profesional e socio-cultural; para mellorar coas súas opinións o informe inicial e desenvolver o final. Cada comité seleccionará ao mellor relator para presentar o seu documento final nunha sesión plenaria, xuntanzas que se levarán a cabo en diversas instalacións de Santiago de Compostela.
Para conseguir unha mellor difusión dos obxectivos, o desenvolvemento e os logros do proxecto, os socios puxeron en marcha unha páxina web que xa está dispoñible.