Senén Barro visita China cunha delegación da Conferencia de Reitores de Universidades españolas
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, forma parte da delegación da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) que entre os días 19 ao 25 visitarán China.
O percorrido comezará este sábado 20 en Beijing onde logo de visitar a embaixada de España visitarán o Instituto Cervantes, nunha sesión na que tamén está prevista a asistencia da ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera.
Xa na xornada do domingo 21, a comitiva dirixirase á Feira de Educación Superior, para posteriormente asistir á sinatura do acordo de recoñecemento de títulos e memorando de entendemento en materia educativa no que tamén participará a ministra. O luns 22 trasladaranse a Shanghai onde a delegación se sumará ao II Foro de Reitores Hispano-Chino. A viaxe rematará o mércores 24 cunha visita á Universidade de Tongji.