Pasar al contenido principal

As II Xornadas sobre Sustentabilidade no Sector Pesqueiro Galego achegaranse aos retos do sector mexilloneiro

O Grupo de Investigación de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC organiza o vindeiro día 26 as ‘II Xornadas sobre Sustentabilidade no Sector Pesqueiro Galego: retos da miticultura’, encontro de especialistas que pretende estudar e discutir a realidade económica actual do sector mexilloneiro galego entendido como o primeiro e principal sector da acuicultura mariña europea.
Estas xornadas, que contan co patrocinio da Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos, celebrarase no Centro de Estudos Avanzados da USC. Ao longo do programa académico previsto afondarase nunha definición das características do produto como alimento. Neste senso, ofreceranse tres intervencións para dar conta das características nutricionais e organolépticas do mexillón, a súa función como compoñente da dieta atlántica e as características da súa produción sustentable xa que é un alimento que se está a producir con custe de pensos cero.
Nun segundo bloque temático, os relatorios presentados permitirán expoñer os problemas referidos ao funcionamento do primeiro elo da cadea de comercialización e que inclúe aos depuradores, exportadores e importadores, así como transformadores. Esta panorámica sobre o sector continuará coa análise das particularidades de grandes e pequenos distribuidores así como dos responsables dos mercados de abastos.
Finalmente, as xornadas permitirán achegarse a aspectos relacionados coa marca ou a busca dun distintivo como garantía de sobrevivir nun mercado globalizado. Así examinaríanse as experiencias históricas arredor do mexillón tanto noutros países como noutros sectores, como o do viño ou o do queixo, que lograron sobrevivir a través da marca.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2007.