Pasar al contenido principal

O catedrático José Rivas ofrece unha charla sobre nanotecnoloxía na Fundación Caixa Galicia da Coruña

O catedrático da USC José Rivas, director do Centro Ibérico de Nanotecnoloxía, ofrecerá este xoves, día 25, ás 19:00 horas na Fundación Caixa Galicia da Coruña, unha charla-coloquio divulgativa sobre as oportunidades, vantaxes e aplicacións prácticas da revolución tecnolóxica que se aveciña. A Xornada de Divulgación da Nanotecnoloxía está organizada pola Fundación Instituto Tecnológico de Galicia e Caixa Galicia.
José Rivas, director do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago e responsable do novo Centro Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga no que participan paritariamente os gobernos español e portugués, achegará nesta charla ao público, e en particular a profesionais e responsables de pemes, as posibilidades que se abren coa nanotecnoloxía, as súas vantaxes e aplicacións na vida cotiá.
Entre outros, o uso da nanotecnoloxía propicia cosméticos máis eficaces, cremas solares máis protectoras, cristais de gafas que non se raian, prendas que no se enrugan, pinturas anti corrosivas ou anti humidade, pantallas máis lixeiras e brillantes, raquetas e paus de golf más flexibles… Os campos de aplicación son ilimitados e propician conseguir materiais máis duros e resistentes, reducir o tamaño de chips e diminutas memorias para comercializar ordenadores máis veloces e de maior rendemento, intervencións e diagnoses
médicas máis eficaces ou enerxía abundante a baixo custe e máis respectuosa
co medio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2007.