O curso 'Economía Pesqueira na UE' analiza as características das políticas económicas comunitaria en materia de pesca
Afondar nas características das políticas económicas en materia de pesca da Unión Europea é a finalidade perseguida polo curso ‘Economía Pesqueira na UE’ que, cunha carga lectiva de 7 créditos, se vai celebrar entre os días 2 e 30 do vindeiro mes de novembro.
As distintas sesións científicas celebraranse en horario de 16:30 a 21:00 horas os xoves e venres, dirixidas a todas as titulacións da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas así como a aquelas vinculadas coas ciencias do mar, bioloxía, enxeñaría agrónoma e portos.
No curso, as persoas inscritas recibirán formación en materia de identidade e integración europea, institución da UE, sustentabilidade dos recursos pesqueiros, a saúde do mar, marco xurídico e lexislación comunitaria en materia pesqueira ou nocións de lingua francesa e inglesa de carácter económico.
O programa complétase cun achegamento ao Centro de Documentación Europea da USC, a través do que os alumnos recibirán unha orientación xeral sobre o acceso informático á documentación europea, e coa celebración dun taller de mediación e resolución de conflitos. As persoas interesadas poden acadar máis información no correo electrónico xoanap [at] usc.es (xoanap[at]usc[dot]es) ou no teléfono 981.56.31.00 extensión 11649.