Pasar al contenido principal

María Ángeles Durán, Premio Nacional de Investigación, ofreceu unha charla no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas

María Ángeles Durán, segunda pola esquerda, departiu na cea sobre cuestións relacionadas co emprego do tempo e a economía da saúde
María Ángeles Durán, segunda pola esquerda, departiu na cea sobre cuestións relacionadas co emprego do tempo e a economía da saúde

A catedrática de Socioloxía e profesora de Investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas María Ángeles Durán, Premio Nacional de Investigación en 2002, ofreceu este xoves 25 unha charla no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas que organiza o Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC.
Durán, unha das primeiras figuras da investigación social española, estudou aspectos como o emprego do tempo ou a economía da saúde e imparte cursos de doutoramento sobre estas cuestións en varias universidades españolas e estranxeiras. É ademais analista do traballo non remunerado, asesora da Organización Panamericana da Saúde.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2007.