Pasar al contenido principal

Ernesto Carratalá presentou na USC o seu libro 'Memorias de un piojo republicano'

De esquerda a dereita, Lourenzo Fernández, Ernesto Carratalá e Antonio Míguez
De esquerda a dereita, Lourenzo Fernández, Ernesto Carratalá e Antonio Míguez

Memorias de un piojo republicano é o título do libro que Ernesto Carratalá, represaliado polo franquismo, presentou este xoves na Facultade de Historia da USC. O acto estivo organizado polo Proxecto de Investigación Interuniversitario ‘As vítimas, os nomes e as voces’ e presidido polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández.
Memorias de un Piojo Republicano narra as vivencias de Ernesto Carratalá desde o golpe de estado franquista de 1936. Ferido, prisioneiro nos cárceres do penal de Burgos, Forte de San Cristóbal, Lazareto de San Simón, Cárcere Cuartel de Santocildes de Astorga e Cárcere Modelo de Barcelona, e condenado a pena de morte, conmutada posteriormente. Tras este periplo vital, licenciouse e doutorouse, acadando a cátedra de Lingua e Literatura francesa.
Ernesto carrataláErnesto Carratalá (Madrid, 1918) é doutor en Filosofía e Letras, catedrático numerario de Escolas Universitarias e experto en Pedagoxía Comparada. Foi profesor nas universidades de Barcelona, no Illinois and California Universities Abroad Studies Program e da State University of New York at Albany.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2007.