Pasar al contenido principal

Xornada de presentación dos programas de avaliación da ACSUG e da Aneca no Centro de Estudos Avanzados

A Vicerreitoría de Calidade e Planificación da USC organiza o vindeiro luns 11 no Centro de Estudos Avanzados unha xornada de presentación dos programas de avaliación da ACSUG e da Aneca.
O programa da sesión comezará ás 10:00 horas coa presentación que realizará o reitor da USC, Senén Barro. Deseguido, o coordinador de Innovación da Aneca, Eduardo García, dará conta aos asistentes do programa Docentia, a continuación de quen intervirá o director da ACSUG, Julio Abalde, para referirse aos programas Verifica, Audit e Acredita.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2007.