Pasar al contenido principal

A incubadora de empresas da USC, UNINOVA, organiza unhas xornadas sobre a incidencia das novas tecnoloxías na xestión financeira

A incubadora de empresas da USC, Uninova, organiza o martes 12 e o xoves 14 unhas xornadas nas que analizará a incidencia das novas tecnoloxías na xestión económico financeira da empresa. A xornada será inaugurada polo xerente de UNINOVA, Gustavo Marcos Cancelas, e as sesións previstas desenvolveranse en horario de 16:00 a 19:00 horas.
O obxectivo destas xornadas, que se desenvolverán na Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, é transmitir aos empresarios as posibilidades que as novas tecnoloxías lle ofrecen na xestión económico financeira das súas empresas. As áreas que se levarán a estudo serán as de xestión de tesourería, balance, conta de perdas e ganancias, negociación bancaria, e as ratios económicas e financeiras.
Proxecto Europeo TransticEsta xornada forma parte das actividades organizadas ao abeiro do Proxecto Europeo Transtic (Programa Transfronteirizo para a Consolidación de Redes de Cooperación entre Empresas TIC), proxecto enmarcado dentro da iniciativa Europea Interreg III-A que ten por obxectivo impulsar a xeración de contactos e relacións de cooperación comercial ou tecnolóxica tanto entre empresas vinculadas ao sector das tecnoloxías da información e as comunicacións como entre estas e as PEMES (potenciais demandantes dos seus servizos).
Con este programa trátase de formar a un equipo de técnicos especializados en cada unha das rexións participantes capaces de impulsar a aparición de contactos comerciais e oportunidades de negocio transfronteirizos das microempresas da zona aproveitando as novas oportunidades ofrecidas polas TIC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.06.2007.