Pasar al contenido principal

A cultura e as artes do Portugal contemporáneo analízanse nun curso de verán da USC

Baixo o título ‘Cultura e artes do Portugal contemporáneo’, a USC organiza entre os días 10 e 13 de xullo un curso de verán que se desenvolverá no Auditorio da Facultade de Filosofía. Cofinanciadas polo Instituto Camões, as xornadas centraranse no estudo da creación artística lusa na actualidade.
A primeira xornada do encontro comezará cun acto de apertura oficial que se celebrará o martes 10, ás 10:00 horas, da man do lector de portugués da Facultade de Filoloxía Samuel Rego quen explicará os obxectivos principais do seminario. A continuación, a realizadora Joana Pontes pronunciará dúas charlas sobre o eido audiovisual luso e asistirá á proxección dun dos seus documentais.
A sesión do mércores, día 11, centrarase na análise do panoma musical portugués, e xa o xoves 12 avaliaranse os marcos de referencia e os protagonistas da moda no país veciño. Como peche do curso, a crítica do ‘Jornal Expresso’ Cristina Perez tratará no transcurso do venres 13 a cuestión do teatro, a danza contemporánea e as artes escénicas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2007.