Autoemprego do Campus de Lugo organiza unhas xornadas de motivación empresarial
A Área de Autoemprego do Campus de Lugo, integrada dentro do programa Uniemprende, organiza unhas xornadas formativas de motivación empresarial para os días 13, 14, 21 e 28 de xuño. O curso, que terá lugar na Aula de Produtos Lácteos, está dirixido aos participantes nos diferentes obradoiros de emprego que se están a celebrar nesta entidade.
Na primeira das sesións analizarase a xeración de ideas empresariais e tratarase de romper cos mitos sobre a figura do emprendedor, para o que se contará co exemplo de diferentes experiencias persoais de emprendedores que explicarán a idea de negocio e a súa posta en marcha. Nunha segunda parte, traballarase na maduración de ideas, combinando a teoría e a práctica co obxectivo de que o asistente poida xerar, madurar e avaliar unha idea de negocio.