Pasar al contenido principal

As novas leis do IRPF para a prevención do fraude explicaranse nun curso de verán na Facultade de Dereito

CURSOS DE VERÁN DA USC 2007

O curso de verán ‘As novas leis do IRPF para a prevención do fraude’ celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Dereito do 10 ao 13 de xullo co obxectivo de profundar sobre estas actuais normas. Dirixido polo catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC, César García Novoa, as xornadas comezarán o martes 10 ás 09:30 horas cun acto de apertura que continuará co relatorio sobre aspectos xerais da nova Lei do Imposto da Renda das Persoas Físicas do profesor de Dereito Financeiro da Universidade Rey Juan Carlos, Pablo Chico de la Cámara.
Despois, a primeira sesión do encontro seguirá abordando cuestións como a influencia do Dereito Comunitario na reforma do IRPF, a previsión social e seguros de vida ou as rendas do traballo no novo imposto.
Xa o mércores 11, o curso centrarase nas entidades de investimento colectivo, o aforro no novo IRPF, ganancias e perdas patrimoniais ou na prevención do fraude xunto co seu encaixe constitucional. A sesión do xoves 12 profundará na nova Lei da Fraude e a súa relación cos novos supostos de responsabilidade, o réxime das operacións vinculadas e o IVE.
Durante a última xornada, varios expertos tratarán a vinculación da mesma lei coa actividade notarial e a súa proxección internacional. Pola tarde, a Facultade acollerá como clausura do seminario unha mesa redonda na que se debaterá sobre esta nova lexislación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.06.2007.