Pasar al contenido principal

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reúnese este venres

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reúnese este venres

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reunirase en sesión ordinaria este venres, día 22, a partir das 10:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
Na xuntanza trataranse informes sobre a USC relativos á investigación, á estrutura do persoal, ao plan de acción sobre o documento do Consello de Contas de Galicia de Fiscalización da USC de 2003 ou ao estado do proceso de converxencia europea. Outros informes que se presentarán na reunión afectan á modificación da Relación de Postos de Traballo do PDI no que se refire a prazas de profesorado e cambios de dedicación, e un último sobre o programa de contratación de PDI substituto no marco de accións para a intensificación singular de actividades de xestión, docencia e investigación.
Ratificaranse ademais outras cuestións tratadas na xuntanza do Consello de Goberno deste mércores como os criterios de transformación de contratos temporais a indefinidos dos profesores contratados doutores, a proposta de asignación de complementos retributivos autonómicos, os prezos da Escola Infantil ‘Breogán’ para o vindeiro curso ou a creación da Fundación USC Deporte.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2022.