Pasar al contenido principal

A Fonoteca proxecta o documental 'Wagner', de Kriss Rusmanis

A Fonoteca Universitaria remata este xoves, día 28, o ciclo dedicado aos grandes compositores clásicos e enmarcado na actividade Música en imaxes. Así, ás 18:00 horas na sede da Fonoteca, na Facultade de Ciencias da Comunicación, proxectarase o documental ‘Wagner’, dirixido por Kriss Rusmanis.
A música do documental, narrado por Kenneth Branagh, está interpretada pola Prague Symphony Orchestra dirixida por Roger Norrington e pola Berlin State Opera Orchestra dirixida por Daniel Barenboim.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2007.