Presentación en Lugo do Programa de Acompañamento de Estudantes da USC
A Universidade de Santiago porá en marcha o vindeiro curso un programa polo cal os seus estudantes, de maneira voluntaria, exercerán de ‘padriños’ dos alumnos foráneos que o soliciten, orientándoos no seu proceso de adaptación á vida universitaria compostelá.
O Programa de Acompañamento de Estudantes (PAE) da USC presentarase este mércores, día 27, ás 13:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, nunha rolda de prensa na que participarán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.
A iniciativa, xa existente en moitas universidades españolas e en menor medida nas españolas, organízase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e de Solidariedade e a Mesa pola Normalización Lingüística, dentro do seu Voluntariado de Activación Lingüística. O programa prevé diversas actividades en grupo, como a semana de recepción de estudantes foráneos, excursións ou sesións de cinema e teatro.