Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de matrícula para o exame de grao das licenciaturas de Medicina e de Odontoloxía

A Facultade de Medicina e Odontoloxía mantén aberto ata o vindeiro venres 29 o prazo de matrícula para o exame de grao ou tesiña correspondente á convocatoria de xuño das licenciaturas de Medicina e de Odontoloxía.
As persoas interesadas en participar nesta convocatoria deberán formalizar a súa matrícula na Unidade de Xestión Académica do Campus Norte (Burgo das Nacións) en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.06.2007.