Pasar al contenido principal

Continúa aberto o prazo de preinscrición para o curso 'CiberXornalismo. Produción de contidos para a rede'

O curso ‘CiberXornalismo. Produción de Contidos para a Rede’, dirixido polos profesores da Facultade de Ciencias da Comunicación Xosé López e María Luisa Otero, mantén aberto ata o 11 de outubro o seu prazo de preinscrición. Logo, o período de matrícula dará comezo entre o 15 e o 31, empezando as clases o 25 deste mes.
Dirixido a licenciados en Xornalismo e Comunicación Audiovisual así como a profesionais dos medios de comunicación, o curso busca achegar a tecnoloxía dun xeito sinxelo e cómodo co obxectivo de mostrar as ferramentas necesarias para a construción dun sitio web e traballar nas características da información dixital.
No programa recóllense aspectos relacionados co xornalismo e internet, tanto desde o punto de vista teórico como práctico. Deste xeito, ao longo de tres meses estudarase a sociedade da información, as industrias informáticas e de telecomunicacións, Internet, protocolos de comunicación, modos de transmisións de datos, hipertexto e hipermedia, análise das necesidades, linguaxes da web, guións ou a imaxe fixa, entre outras moitas cuestións.
As sesións académicas, que rematarán o 30 de xaneiro de 2008, terán lugar os martes e xoves de 19:00 horas a 21:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2007.