Pasar al contenido principal

Xornada de Achegamento do Nadal alemán á Comunidade Universitaria na Residencia Monte da Condesa

A Residencia Universitaria Monte da Condesa e o Centro de Linguas Modernas da USC organizan este xoves, día 13, unha celebración típica do Nadal alemán. O acto desenvolverase a partir das 18:00 horas na Sala de Usos Múltiples desta residencia universitaria e contará coa presenza dos profesores Elisabeth Schaible e José Manuel Pérez.
Durante a celebración poderanse degustar doces tradicionais alemáns de Nadal e a cálida bebida invernal Glühwein. Cantaranse tamén panxoliñas populares como o famoso ‘Noite de paz’ na versión orixinal alemá; o coñecido ‘Tochter Zion’ de G.Fr.Händel; o ‘Morgen kommt der Weihnachtsmann’ popularizado por W.A.Mozart; o ‘Adeste fideles’ con letra alemá e o celebérrimo ‘Guten Abend, Gute Nacht’ de Joh.Brahms en versión orixinal.
Actuarán como solistas Susana Pedraza de la Cuesta, Helena Santos Canelles, Daniel Santos Canelles e Vanesa Teijeiro Seijas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.12.2007.