Pasar al contenido principal

A Fonoteca proxecta 'Le sacre du printemps : A silent movie to the music of Igor Stravinsky'

A Fonoteca da Universidade proxecta este xoves, día 13, ás 18:00 horas, o filme ‘Le sacre du printemps : A silent movie to the music of Igor Stravinsky’ (‘A consagración da primavera: un filme mudo para a música de Igor Stravinsky’), nunha actividade enmarcada no ciclo semanal Música en Imaxes.
A película, dirixida por Oliver Herrmann con coreografía de Pina Bausch, relata a vida de tres persoas que rompen as ataduras da súa vida cotiá en La Habana, Berlín e Bruxelas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.12.2007.