Pasar al contenido principal

Unha sesión de cantacontos en Maxisterio dará continuidade o xoves ao programa de outono de Lugo Cultural

O programa de outono de Lugo Cultural continúa este xoves 13 cun novo concerto do ciclo Lubicán. Estará a cargo do Quico Cadaval e Fran Pérez e consistirá nunha sesión de cantacontos, ás 21:00 horas, na Escola de Formación do Profesorado.
Este novo concerto do ciclo Lubicán reúne en Lugo a un músico de prestixio como Fran Pérez, que vén de presentar o seu último disco ‘Totem’, e a Quico Cadaval, que dirixirá a partir da agora a Compañía de Teatro da USC no Campus de Lugo. Esta sesión, innovadora polo seu formato, consiste nunha narración dos contos de Quico Cadaval, amenizada polas cancións de Fran Pérez.
PegadasO programa de Lugo Cultural continuará o domingo 16 coa actividade Pegadas, para a que continúa aberto o prazo de inscrición. Trátase dunha rota de sendeirismo no marco do Miño, dende o parque Rosalía de Castro ata o campus. Este percorrido ten un claro obxectivo de coñecemento e denuncia. Esta mesma rota repetirase outras tres veces ao ano, unha en cada estación do ano, sendo esta a primeira.
O paseo terá unha duración de tres horas e estará amenizado por catro músicos. Actuarán como lazariños Xurxo de Viveiro e Eduardo Ochoa. A inscrición, totalmente gratuíta, pode realizarse na oficina de Lugo da Vicerreitoría de Cultura, situada na praza Pío XII, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.12.2007.