Pasar al contenido principal

Comeza en Maxisterio o ciclo de Cine na memoria, organizado dentro do programa Lugo Cultural

As proxeccións darán comezo o luns cunha intervención de Manuel Sarille

A Escola de Formación do Profesorado acolle dende o luns 10 e ata o día 14 o ciclo de ‘Cine na memoria’, incluído dentro do programa de outono de Lugo Cultural. Este ciclo conta coa colaboración na súa organización do grupo Fonmiñá e a Asociación para a dignificación das vítimas do fascismo.
As proxeccións iniciaranse ás 22:00 horas do luns coa película documental ‘Canciones para después de una guerra’, que estará prologada por Manuel Sarille Lanceiro, presidente da Asociación para a dignificación das vítimas do fascismo.
O día 11 terá a súa continuación este ciclo, ás 20:00 horas, coa película ‘L’Espoir’, seguida, ás 22:00 horas, do filme ‘La pasión singular’. Nesta ocasión será o escritor e profesor da USC Claudio Rodríguez Fer o que fará a introducción. Co mesmo horario poderá verse o día 12 ‘Morir en Madrid’ e ‘Rojo y Negro’, coa intervención de Xulio Xiz, presidente de Fonmiñá.
O ciclo rematará o día 14, venres, cun maratón que terá o seu inicio ás 22:00 horas e no se que inclúen varios documentais, como ‘Muerte en el valle’, ‘Los héroes nunca mueren’, ‘La columna de los ocho mil’ e ‘Requiem por un campesino español’. Haberá un receso entre as 3:00 e as 3:30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.12.2007.